Banda Bassotti, Ezetaerre, Satxa - Acto III: Que facer? testo (lyrics)
[Banda Bassotti, Ezetaerre, Satxa - Acto III: Que facer? testo lyrics]
Pechemos ben as filas pra ser unha soa forza
Tensaron moito a corda, isto non ten volta
Como a loita do Potemkin
Empurrada polas ondas
A razón que trona, que nos guía ata a fin
Teño gravada baixo a pel cada Tese de abril
Non quero zar nin rei, nin tampouco resistir
Quero a toma do poder
Pra conquistar outro porvir
Non deamos descanso a
Banqueiros nin empresarios
Tampouco ao Estado asasino
De Santiago Maldonado
Que as escravas e escravos son
Quen fabrican os cravos
Eles fan o cadaleito, nós imos apuntalalo
Borrando o seu sorriso pra
Velos tremer de medo
Soviets e sindicatos creando poder obreiro
Paso a paso a lume lento temperando o aceiro
100 anos despois vai tremer o mundo enteiro
Son cen anos xa e moitos máis virán
Seguimos en pé de guerra pola paz
O pan e a terra
Tecendo loitas con afectos no fío vermello
Que percorre a historia no
Camiño ata a vitoria
Entre tanta violencia
Con este cheiro a napalm
Fagamos do presente unha nova esperanza
Situación de emerxencia, loita de vangarda
Gardemos todo o futuro nunha tabula rasa
Ezetaerre na casa que berra Nunca Máis
Defendendo terra e monte coa máscara antigás
Tendo en conta que na vida
Xa non hai volta atrás
Que o noso capital está nas propias mans
Rimas feitas polo pobo e para o pobo
No meu bando non hai sitio
Para fobias nin bobos
Só para tolas e tolos nesta boca do lobo
Que sexan o xermolo doutro mundo novo
Nos coidados e no apoio temos a afouteza
Para gañar esta vitoria ao seu sometemento
Agardade ese momento, seguide na certeza
De que máis cedo que tarde
Rodarán as súas cabezas
Retrouso
Inquedanzas, quimeras, pura autodefensa
O mellor do mundo novo está nesta trincheira
Xa vivín con comunistas dos cinco continentes
Aprendín das amarguras e
Chorei polas ausentes
Sempre na mente a dor da xente
Senón deixa paso á seguinte valente
A Milagro Sala, a Juana Rivas
Aquí hai dous bandos
Non diferentes perspectivas
Non esquezo aos Mossos golpeando compañeiros
Fala catalán, pero Trapero é un madero
Organicemos as filas contra o réxime do 78
Nós non queremos un trozo do biscoito
Ler máis, máis firmeza na acción
A clase obreira tomando o timón
Contra a Unión Europea, a OTAN e o IBEX
Programa mínimo
Ruptura e proceso constituínte
Retrouso